Compra tus entradas para asistir a Os nomes íntimos, de Lucía Aldao e Samuel Merino en Santa Comba, en Auditorio Edificio Multiusos. Las mejores entradas desde euros las puedes encontrar en Ticketrona.
Precio: desde euros más gastos de gestión.
Os nomes íntimos é un proxecto de Lucía Aldao e Samuel Merino onde conflúen a palabra, a música e a intimidade para falar en voz alta das cousas que importan.
Os nomes íntimos son aqueles que nos interpelan e que, por veces, portamos involuntariamente e en silencio. Nomes que, non sendo nós, condicionaron tantas veces o noso espazo e o noso tempo vital, facéndonos demasiado visibles e, por contra, case transparentes.
Que nome ten a túa identidade? Como te chamaban antes de saber quen eras?
“Os nomes íntimos” é a nova proposta de Lucía Aldao e Samuel Merino, un encontro de poesía escénica e música que foxe de calquera distancia para abrazar a autenticidade. Cun formato de proximidade e complicidade, Samuel e Lucía comparten as súas propias feridas e vitorias para convidar ás persoas asistentes a un diálogo aberto.
Falarán dos nomes que portamos en silencio, dos alcumes que nos deron as nosas amizades e de como a palabra pode transformar a vella vergoña en nova fachenda. Unha experiencia emocional e vibrante que combina o humor coa reflexión profunda sobre a saúde mental e o dereito a ser.
“Os nomes íntimos” é unha celebración do común, unha oportunidade para escoitar, participar e, sobre todo, recoñecernos nos nomes que nos interpelan desde o cariño e a liberdade. Unha aposta segura para programadores que buscan contido social con alma e calidade artística.
Os seus nomes propios son Lucía Aldao e Samuel Merino.
Lucía Aldao é unha poeta e música da Coruña que leva máis de media vida recitando e cantando nos escenarios máis variados. Poesía escénica para todos os públicos, música, humor e animación cultural son as súas principais ocupacións profesionais. Lidera a banda PAVA, coa que obtivo en 2024 o Premio Martín Códax ao mellor proxecto de pop/indie.
Samuel Merino é un creador multidisciplinar de Mos (Pontevedra) que desenvolve o seu labor arredor dunha poética que leveda na súa formación filosófica e a súa experiencia no eido das artes escénicas.
Organiza: Concello de Santa Comba
![]()
O BUSCA OTROS EVENTOS EN NUESTRA WEB
Síguenos 😉 Facebook / Instagram
En Ticketrona descubre y busca las experiencias que te apasionan
Ticketrona es una plataforma de eventos que te ofrece todo tipo de experiencias de ocio y cultura.